tag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post8927108987933696569..comments2023-09-23T15:37:55.922+01:00Comments on o u t r a esquerda: Crónica da Rolda de RebeldiaSr. Jhttp://www.blogger.com/profile/11421589700089026178noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post-31289476130729821542010-02-02T20:24:22.738+00:002010-02-02T20:24:22.738+00:00Pois graças a ti, Manuel, por animar-te a resposta...Pois graças a ti, Manuel, por animar-te a respostar. Não conhecia o teu blogue (e não tenho o trackback) mas a partir de agora botarei-lhe uma olhada.
Aclarada a questão dos meios de comunicação. Para mim a chave está no que dis, "impedir que a democracia direta vire populismo". Parece-me complicado mas é certo que também a indireta vira populismo... e como!Sr. Jhttps://www.blogger.com/profile/11421589700089026178noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post-42403475737308413682010-02-02T20:12:04.047+00:002010-02-02T20:12:04.047+00:00Acerca do dos medios de comunicación... loxicament...Acerca do dos medios de comunicación... loxicamente non tiven tempo de explicalo en detalle. Non me refería a que fose unha condición previa imprescindible para botar a andar esta estratexia do anti-partido. E aí onde se diferenza doutras estratexias, como a do business as usual da política clásica.

É dicir: unha candidatura deste tipo pode botar a andar sen medios libres e acadar un éxito maior que unha tradicional (aínda que só sexa porque une os votos de varias).

Despois, é cando se acada a maioría nun concello ou nun parlamento cando é importante dispor deses medios para que a democracia directa non vire populismo. Namentres, nun estadio previo, onde os electos directodemócratas non son maioría, irían tecendo eses medios coa propia sociedade e promovendo como único programa de base prefixado a defensa do xornalismo cidadán e público baixo control cidadán.

En ningún momento quixen dicir que todos os medios debesen ser libres. Loxicamente seguirá a habelos controlados e manipuladores, pero irían sendo equilibrados polos verdadeiramente públicos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post-72972112757339655572010-02-02T19:57:06.077+00:002010-02-02T19:57:06.077+00:00Moitas grazas pola ampla e valiosa referencia á mi...Moitas grazas pola ampla e valiosa referencia á miña intervención, Sr. J!

Non sei se tes activado o trackback, pero se non podes ver a reseña da reseña en http://casdeiro.info/textos/Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post-45169091404267726992010-02-02T19:38:08.354+00:002010-02-02T19:38:08.354+00:00Comunista, em primeiro lugar graças polo teu comen...Comunista, em primeiro lugar graças polo teu comentário.

Vejo que compartes a visão que tem Primeira Linha do que é o comunismo e de como se deve fazer a revolução. Parece-me totalmente legítimo, ainda que eu não a comparta. Vejo-a como ancorada no passado, quase "vintage", e isso não é necessariamente uma virtude. Porque para mim, ser "firme nos princípios" não implica que estes tenham que seguir sendo formulados igual que hai 100 anos. Algo temos aprendido neste tempo. E observar, reflexionar e modificar a forma de ver as cousas não é "avergonhar-se" das ideias próprias, ao contrário! É atender à dialéctica da história. Marx não teria escrito o mesmo se vivisse no s. XX. Ao meu modo de ver, nada menos revolucionário, mais acomodado, que ignorar os contributos do pensamento de esquerda DOS ÚLTIMOS 50 ANOS... porque já passou meio século desde a chamada "nova esquerda".

O pensamento socialista avança em espiral, dando voltas sobre o mesmo ponto mas alargando-se em cada volta e adotando novas perspectivas que o enriquecem. Ficar na formulação original não é mais leal, ler os manuais de Trotsky ou de Rosa Luxemburgo igual que os católicos lem o catecismo não é uma virtude revolucionária. Desprezar qualquer nova visão que se aparte do conhecido é moi cómodo, mas não moi honesto intelectualmente.

Desde logo, nos termos que ti empregas, os de PL si que eram os mais "comunistas" da rolda. Mas os representantes do MpB ou de Corrente Vermelha tampouco pareciam gostar moito do da "cidadania"... eu si, e não por empregar essa palavra estou a negar a existência de classes. E penso que a "classe obreira" não tem a exclussividade da "vanguarda revolucionária". Este é o meu modo de pensar e por isso tenho este blogue, se não escreveria em, p.ex., "Estoutras notas políticas" (um blogue mais ortodoxo que leo às vezes e que che recomendo, deveria-che gustar).

Um saúdo libertário, por uma Galiza ceive e socialista! ;-)Sr. Jhttps://www.blogger.com/profile/11421589700089026178noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4448869576102012452.post-45685572104038531092010-02-02T18:38:32.800+00:002010-02-02T18:38:32.800+00:00Deixo un comentario que pretende ser constructivo,...Deixo un comentario que pretende ser constructivo, con todos os respetos á xente participante neses procesos.

Acho que, ainda que non participei na Rolda e ademáis esté en total desacordo con Morais e a súa organización, semella que fosen os máis comunistas de todas as organizacións existentes.
Digo isto non por esta crónica, que tamén, senón despois de ler todos os documentos presentados á "Rolda de Rebeldía".

Despois, e xa referíndome á crónica parece mentira que haxa comunistas que acollan tan ben os termos "cidadanía" e cousas parecidas tentando usurparlle á clase obreira o lugar de vangarda que lle corresponde historicamente.
Se hai comunistas que xa non falan de "Proletariado" e prefiren falar de "cidadanía", "multitudes", "novos suxeitos sociais"... apaga e imos para a casa porque non hai nada que facer. Parece que hai xente que se avergoña de reflexar as súas ideas comunistas, socialistas...

A Unidade non está reñida con ser firmes nos Principios, e que os máis revolucionarios e comunistas da Rolda de Rebeldía parezan os de Primeira Linha... sinceiramente, preocupame bastante.

Un saúdo de clase e revolucionario.
Viva Galiza Ceibe e SOCIALISTA!Comunistanoreply@blogger.com