A globalización financeira erixe o interese económico en ben supremo e, con absoluto desprezo aos dereitos dos pobos, impón a procura do beneficio como norma absoluta de todas as sociedades; as consecuencias son ben patentes: o agravamento en todo o mundo dos desequilibrios económicos, ecolóxicos sociais e culturais, e a cada vez máis preocupante limitación dos controis que corresponden ás institucións democráticas, que adoitan seren substituídas por mecanismos e lóxicas estrictamente especulativos que só expresan os intereses das empresas transnacionais e dos mercados financeiros.
Os grupos de interese, os especuladores e os axentes financeiros arrebatan o poder aos cidadáns tentando reducilos á simple condición de consumidores e, deste xeito, incapacitalos para decidir o seu propio destino, a prol dunha transformación presentada como inevitable lei natural polo ‘pensamento único’, e difundida reiteradamente polos grandes grupos mediáticos. Estase a xerar unha situación de frustración e impotencia que, xunto á cada vez maior desigualdade nas distintas zonas do planeta e ao deterioro crecente dos dereitos e conquistas sociais logrados ao longo do século XX, é o mellor caldo de cultivo para o crecemento dos valores individualistas, xenófobos, insolidarios e antidemocráticos.
CONTINUAR LENDO...
CONTINUAR LENDO...
A liberdade total de circulación de capitais, os paraísos fiscais e o crecemento acelerado do volume das transaccións especulativas arrastran aos Estados, ás rexións e ás cidades a unha vergoñenta carreira por gañar os favores dos grandes inversores. Esta insensata competencia leva ao desmantelamento deliberado das bases legais, políticas e sociais dos Estados para facilitaren as inversións. En nome do “progreso’, case dous billóns de dólares van e veñen cada día á procura dunha ganancia rápida nos mercados de cambios, perseguindo un beneficio instantáneo que non garda relación algunha nin coa inversión productiva nin co comercio real de bens e servicios. Ante este delirio especulativo cada vez resulta máis difícil distinguir entre transaccións legais e ilegais, inversión e branqueo de diñeiro, comercio e criminalidade organizada. As consecuencias máis patentes deste proceso son o crecemento continuado das rendas do capital en detrimento das do traballo, a evasión sistemática de impostos e, en xeral, a extensión da pobreza e a xeneralización da precariedade e a exclusión.
A comezos do século XXI, paradoxicamente, o destino da humanidade depende máis que nunca dos dictados dunhas institucións económicas (FMI, OCDE, OMC, Banco Mundial e os respectivos
bancos centrais) escasamente democráticas, que tentan controlar o mundo desde a súa condición de representantes do poder financeiro.
bancos centrais) escasamente democráticas, que tentan controlar o mundo desde a súa condición de representantes do poder financeiro.
Cómpre deter este proceso mediante unha resolta acción cidadá de carácter cívico e participativo. A tarefa máis urxente consiste en crear instrumentos eficaces de regulación dos mercados a escala internacional. Contra o fatalismo, cinicamente instaurado polos propios dirixentes dese “goberno do diñeiro supranacional”, xorden tamén alternativas esperanzadoras que nos levan a retomar a certeza de que outro mundo é posible.
ATTAC, movemento plural, democrático e participativo, ten por finalidade loitar para devolver o poder á cidadanía, que é a súa depositaria lexítima en toda democracia, e colaborar no perfeccionamento do control democrático dos seus representantes. Sobre a base desta finalidade, perseguimos artellar mecanismos democráticos de regulación e control dos mercados e do sistema financeiro internacional, e impulsar e fortalecer o desenvolvemento dunha opinión pública independente, activa e ben informada.
Facemos nosos os obxectivos da Plataforma internacional ATTAC. E con ese fin propoñémonos participar e cooperar co resto do movemento para debater en común, producir e difundir análises, actuando conxuntamente tanto dentro de cada un dos nosos respectivos países como a escalas máis globais. Estas actividades terán inicialmente como guía:
· pórlle trabas á especulación internacional
· sancionar os paraísos fiscais
· impedir a xeneralización dos fondos de pensións
· promover a transparencia dos investimentos nos países dependentes
· establecer un marco legal para as operacións bancarias e financeiras, co obxecto de non penalizar os consumidores e os cidadáns (os asalariados das institucións bancarias poden xogar un papel importante no control destas operacións)
· apoiar a reivindicación da anulación xeral da débeda pública dos países dependentes e o uso dos recursos así liberados en favor das poboacións e do desenvolvemento duradeiro, o que moitos chaman o pago da “débeda social e ecolóxica”.
· sancionar os paraísos fiscais
· impedir a xeneralización dos fondos de pensións
· promover a transparencia dos investimentos nos países dependentes
· establecer un marco legal para as operacións bancarias e financeiras, co obxecto de non penalizar os consumidores e os cidadáns (os asalariados das institucións bancarias poden xogar un papel importante no control destas operacións)
· apoiar a reivindicación da anulación xeral da débeda pública dos países dependentes e o uso dos recursos así liberados en favor das poboacións e do desenvolvemento duradeiro, o que moitos chaman o pago da “débeda social e ecolóxica”.
De maneira xeral, trátase de:
· Recuperar e ampliar os espacios democráticos perdidos polas colectividades en beneficio do poder financeiro.
· Opoñerse a toda nova renuncia de competencias por parte dos Estados que tenda a privilexiar o dereito dos inversores ou mercaderes.
· Definir e construír, en suma, unha orde socioeconómica máis democrática a escala mundial.
· Opoñerse a toda nova renuncia de competencias por parte dos Estados que tenda a privilexiar o dereito dos inversores ou mercaderes.
· Definir e construír, en suma, unha orde socioeconómica máis democrática a escala mundial.
Estes obxectivos, presentes con anterioridade na conciencia crítica de multitude de cidadáns, conflúen e vanse configurando en diversas plataformas locais, rexionais ou nacionais, nas que se propón a implantación da Taxa Tobin como mecanismo para frear a presente volatilidade nos movementos de capitais, que desestabiliza os países. Neste senso, traballamos para a declaración de municipios Tobin e a implantación dunha Eurozona Tobin.
Convocamos a cantas persoas desexen sumarse -igual que o están a facer outras decenas de miles por todo o mundo, participando con múltiples redes e grupos de información, estudio ou debate en campañas de ámbito tanto local como estatal ou internacional- e incorporarse ás accións cívicas que promovemos desde esta Plataforma de ATTAC Galicia.
Este chamamento inscríbese dentro do espírito da Declaración Universal dos Dereitos Humanos proclamada pola ONU en 1948, que reafirma incluso a lexitimidade do “supremo recurso a rebelarse contra a opresión”, xa que a cidadanía ten hoxe tanto o dereito como todo un deber ético para exercitar a súa resistencia contra a dictadura dos mercados.
¡Que nada que nos afecte poida facerse sen a nosa participación!
Trátase simplemente de reapropiarnos, todos unidos, do porvir do noso mundo
Nenhum comentário:
Postar um comentário