segunda-feira, 18 de agosto de 2008

Chus Pato, sobre naçom e essencialismo

.

No suplemento ProTexta de Tempos Novos deste verão atopamos umha entrevista com Chus Pato, estruturada em forma de abecedário. Reproduzimos aqui, polo seu interesse, os seus comentários a respeito da palavra correspondente à letra N: "Naçom".

.

O que define a nación galega non é falar galego, senón o conflito lingüístico. Sería a idea de nación como estética, no sentido de apertura ao mundo a través dos sentidos, dunha apertura común para unha serie de individuos. E se a min se me preguntase cal é o idioma da miña nación, eu diría que o conflito lingüístico.


CONTINUAR LENDO...

Na túa literatura parece haber un combate permanente contra as esencias.

Porque non as soporto. É o que destruiu a miña xeración política. Tiñamos unha ditadura contra a que loitar. E de repente non foi así. Mentres estabamos no franquismo non viamos o lager. Nós pensabamos en facer a revolución, e que sería o pobo quen a ía facer. É algo impagábel. E a caída de todo iso é forte. Aí está o esencialismo. Derrotounos. Pensas e dis, pero como non o puidemos ver? Como é posíbel? Como é posíbel seguir coa definición de Stalin da nación? Iso segue vivo. Se miras os libros de texto... os profesores de galego nos institutos, cando din como se define a nación galega, pola lingua, pola historia, polos costumes... é a definición de Stalin.

A derrota daquel tempo foi abrazar o esencialismo?

Si, en gran medida, aínda que é máis complexo. Eramos moi esencialistas, porque viviamos nunha ditadura. Fronte a algo compacto ti reaccionas de maneira compacta. Era un panóptico e a loita contra un panóptico é frontal. Pero era mentira, o franquismo xa non era un panóptico! A partir das políticas do Opus e dos anos 60, politicamente si existía o panóptico, pero toda a realidade económica e social xa non o era. E fodéronnos ben fodidos! Porque había xente que sabía que aquilo non era así. Esa xente foi o PSOE, que gañaron a batalla, e fixeron a transición e a ataron. Non podo ser máis clara.

Vós combatiades unha sociedade disciplinar mentres...

Penso no BNG de hoxe en día, e nos dous deputados da época da transición, Lois Diéguez e Bautista Álvarez, que renunciaron ao escano por non xurar a Constitución española... manda carallo! O cabreo é infinito. A que perdemos estes vintecinco anos? A que sufrimos tantísimo, dispostos a entregar a vida, a morrer? Pola mona. Por falta de luz. Aí é onde eu... próeme. É unha liña de división que non podo cruzar. Vou morrer con este rancor e con este odio. Hai un verso en Hordas de escritura que di: "desexaría que o meu corazón político non tivese tanto rancor". Intúo que a miña xeración está liquidada a nivel político. Non damos para máis. E gústenos ou non, o BNG é o noso froito. Quintana é o froito da miña xeración.

.


5 comentários:

Anônimo disse...

cómpre contextualizar, si, mais Chus Pato (xa) non milita na FPG

Anônimo disse...

saúde, a todo isto

Sr. J disse...

Ah, pois desconhecia esse dato. Da entrevista mencionada parecia desprender-se que si que militava aínda na FPG (apesar de nom fazer referência explícita); ídem na Wikipédia e nalgumha outra web. De todos jeitos, desculpas por ter dado o que suponho que é um dado erróneo; procedo a eliminá-lo do post original.

Obrigado, anônimo, e saúde.

Anônimo disse...

Quintana é un dos frutos, non o fruto,o fruto transxénico.Chus Pato é outro fruto, un fruto apodrecido pola néboa.

Carminha disse...

Bueno anónimo, dicirche que si de Chus Pato dis que está apodrecida pola néboa que dirás do resto de galegos!!! A min xa empezan a molestarme críticas tan duras entre xente tan próxima. Oxalá o peor dos galegos fose coma Chus Pato.