quarta-feira, 5 de agosto de 2009

Solidariedade Galega

.
Fragmento do "Catecismo Solidario" de 1907 (à direita: Ugio Carré Aldao, um dos "solidários"),

P. ¿Que é eso da Solidariedade?

R. Pois é a xuntanza de tódolos homes honrados e traballadores que fan irmandade para iren contra dos que nos desgobernan e nos explotan os nosos direitos. Non deixando que asoballen a ninguén, por cativo que sea, pois poñéndonos todos na defensa dun solo non se estreverán a seguiren facendo o que fixeron. Agora como temos irmandade, o mal que se lle faga a un solo viciño, será mal que se lle faga a todos e se antes deixábamos por medo ou por ignorantes que perseguiran a un solo, agora non, pois todos saliremos uns na defensa dos outros. E así non só temos de selos mais fortes pol-a razón, se non pol-a razón dos fortes.

P. Non me parece mal, mais ¿se eso facedes uns nono faredes todos?

R. Faceremos, senor, faceremos. Para eso é solidariedade. Ben sabemos que unha sola parroquia, nada valería e farían dentro de pouco ou de moito tempo, o que lles dera a gana. Así ó xuntarnos por parroquias, xuntámonos tamén por axuntamentos e logo nos federamos ou xuntamos por partidos xudiciales e así xuntarémonos os de cada provincia e tódolos de Galicia, e de ese xeito axudarémonos todos e o mal que lle fagan a un solo será como feito a todos, e coma todos daquela pediremos xusticia... xa vostede me comprende.

P. ¿E que ouxeto levades?

R. Que tódolos que nos representen no Axuntamento, na Deputación, nas Cortes, sean elexidos por nós e que fagan e voten o que nós lles digamos, que conveña ó país, e non fagan e voten o que lles manda o cacique ou o goberno, que sempre van en contra de nosoutros.

P. ¿Eso non poderá sere, pois os políticos cada un quererávos mandar?

R. Non; pois as opinións son o de menos e nombraremos representantes de tódolos partidos e non serán solo liberales, conservadores, republicanos ou carlistas, non terá ninguén mando máis grande e así mirarán todos polo que conveña a todos e non nos asoballarán mais. Ven a sere coma se os veciños dunah parroquia quixeran compoñer un camiño. Se fora un solo non o podería facer, ou solo o facería diante da súa casa, pero sendo todos, poderíano facer mais pronto, mais ben a diante, non solo da casa deles, senón en toda a parroquia. O interés de todos sería o que fixera boa a obra. Ahí ten espricado o fondamento da Solidariedade, que vén ser un para todos e todos para un.

Nenhum comentário: