Manhã (quinta feira, 9 de Dezembro, às 19:00) apresenta-se o seguinte manifesto na sala Sargadelos de Vigo (Rua Urzaiz, 19).
As persoas abaixo asinantes, a título individual ou en representación das súas respectivas organizacións, queremos expresar ao Presidente do Goberno español, Sr. Rodríguez Zapatero, e á opinión pública en xeral o seguinte:
Entendemos que o Sr. Arnaldo Otegi é recoñecido como un líder polo seu Pobo, non só polo amplo sector social ao que politicamente representa, senón pola maioría da cidadanía vasca tal e como, segundo o noso parecer, ficou patente na manifestación, realizada o 17 de outubro de 2009, de rexeitamento á súa detención, xunto á doutros compañeiros, tanto polo número de organizacións convocantes (sindicais, sociais e políticas), como pola amplitude da asistencia, moitas decenas de milleiros de persoas, representando a todo o espectro democrático da sociedade vasca.
Semellante recoñecemento, consideramos que ten na contorna internacional.
O Sr. Arnaldo Otegi vén loitando dende hai moitos anos pola procura dunha solución democrática, a través de vías políticas, ás lexítimas aspiracións do seu Pobo.
Esta aposta súa polas vías políticas, foi reiteradamente recoñecida por representantes das institucións do Estado Español, incluíndo ao Presidente do Goberno, así como por sectores mediáticos vinculados ao partido no poder, tal como é o caso do grupo Prisa e de maneira sobranceira o seu xornal “El País”.
Consideramos que o mantemento do Sr. Arnaldo Otegi na cadea, supón obxectivamente privar ao Pobo Vasco, nun intre histórico de grande transcendencia como o que hoxe está a vivir, dun dos seus principais líderes e, xa que logo, dunha das persoas que poden achegar máis para que ese proceso histórico ao que nos estamos a referir, avance dun xeito xusto e firme.
É por todo isto que solicitamos, sabemos que iso é perfectamente posíbel tal e como se demostrou en numerosas ocasións, que o Sr. Arnaldo Otegi sexa posto en liberdade. Cremos que unha actitude contraria, poría de manifesto unha falla de vontade na recondución política do chamado “Conflito Vasco”.
LISTA DE ASINANTES
INDIVIDUAIS
Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz; Xosé Manuel Beiras, ex Voceiro Nacional do BNG; Camilo Nogueira, ex Eurodeputado do BNG; Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor; Liliana Parada, arxentina – galega Deputada Nacional (Proxecto Sur), Nora Cortiñas, arxentina – galega, fundadora de Nais de Praza de Maio; Maruchi Alvarez, Concelleira de ACE; Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG; Inácio Pavón, Coordenadora Nacional Movemento Galego ao Socialismo; Miguel Anxo Abraira, dirección nacional do Movemento pola Base; Xosé Collazo, profesor e membro da direción do PCPG; Lois Pérez Leira, Secretario Xeral de Nova Esquerda Socialista; Xose Manuel Graña, Presidente de Nova Esquerda Socialista; Alberte Moço, Portavoz Nacional de Nós-Unidade Popular; Bruno Lopes Teixeiro, Direcçom Nacional NÓS-UP; Carlos Morais Álvares, Secretário Geral de Primeira Linha; Noela Campanha, Mesa Nacional de BRIGA; Carlos García Seoane, Mesa Nacional de BRIGA; Francisco Xavier Sio, Voceiro da Fronte Obreira Galega; Brais González Pérez, estudante e secretario de organización de ADIANTE; David Pérez Ramos, Corrente Vermella; Roberto Laxe, Corrente Vermella; Anxo Pérez Carballo, Membro do Secretariado Confederal da CIG; Serafín Otero, secretario comarcal CIG-Vigo; Manuel Currás Meira, Secretario Confederal de Institucional (CIG); Paulo Paio Rubido Bará, Secretario Nacional Federación de Servizos da CIG; Laura Bugalho, Secretaria Confederal de Políticas Sociais da CIG; Francisco Cartelle Pérez, Secretario Confederal de Campañas CIG; Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG Ourense; Enrique Fernández Oliveira, Executiva Federal do Metal da CIG; Victor Mariño Fernández, Executiva Comarcal da CIG de Vigo; Rogelio Veiga Lago, Executiva Comarcal do Metal da CIG Vigo; Carlos de la Fuente Estevez, CIG metal Vigo; María do Tránsito Fernández, sindicalista da CIG; Graciela Adriana Alba Burgos, militante da CIG; Isabel Vilalba Seivane, responsable na Executiva do Sindicato Labrego Galego da área de Soberanía Alimentaria e Servizos ao medio rural; Xosé Ramón Cendán. Membro da Executiva Nacional do SLG; Lídia Senra. Membra da Executiva Nacional do SLG; Manuel Docampo, Membro da Executiva Nacional do SLG; Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT; Manuel Camaño Fandiño, Executiva da CUT; Xan Carballo militante da CUT; Antonio José Arruti Baqueiro, brasileiro-galego Coordenador Xeral do Movemento de Liberación dos Sim Terra (Brasil) integrante da corrente do PT Brasil Socialista; Luis Fernández, Secretario da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina; Guillerme Presa Suárez, avogado, secretario de Esculca, Observatorio Galego para a defensa dos Dereitos Fundamentais e as Liberdades Públicas; Gustavo Luca de Tena, xornalista; Dario Xoan Cabana, escritor; Carlos Taibo, profesor Universidade Autónoma de Madrid; Dionisio Pereira, historiador; Anxo Angueira, escritor; Gustavo Garcia (avogado); Luis Piña, Colectivo Vigués pola Memoria Historica do 36; José Miguel “Pucho” Gómez Millán, (militante da memoria do 36); Manuel Vázquez, poeta; Liliam Pompey, avogada; Gustavo Maradini, avogado; Juan José Fernández Ageitos, Nova Esquerda Socialista–arxentina; Manuel Vilavoa, militante comunista; Guillermo Somoza, director de teatro; Ana Cristina Juncal Blanco, comercial; Xabier Cordal, escritor e profesor; Xosé Manuel García Crego, editor; Manuel Vidal Villaverde. escritor, poeta e xornalista; Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador, director da Revista de Historia "Murguía"; Celso X. López-Pazos, profesor de secundaria; Gonzalo Amoedo López, funcionario e investigador; Rubén Afonso Lobato, funcionario; Bernardo Máiz Vázquez, historiador; Xosé Antón Laxe Martiñán, procurador; Mª Victoria Juncal Blanco, graduado social; Xosé Chacón Benítez, productor artístico; Manuel González Cruces, productor artístico; Fernando Vilavoa Martínez, editor; Carlos Ríos Vilaboa, traballador da administración pública; Montserrat Fernández Arén, licenciada en Filosofía desempregada; Bráulio Amaro Caamaño, profesor e sindicalista; Anxela Mariño López, profesora; Xosé; Antonio Somoza, historiador; Francisco Sampedro, profesor e escritor; Xosé Luis Santos Cabanas, traballador USC e escritor; Francisco Fernández Rei, catedrático USC e académico RAG; Xan Lueiro Amoedo, biólogo; Santiago Balea Durán, técnico de radio; Iria Medranho Gonçalves, traballadora; Carlos Velasco Souto, historiador e profesor da UDC; Frank van Gerwen, traductor; Xabier P. DoCampo, escritor; Antón Dobao, escritor e cineasta; Iñigo J. Ansotegui Suárez, industrial; Maurício Castro, editor do Diario Liberdade; Sara Arias Lopes, programadora informática; Xosé Lois Romero Falque; José Ángel Brandariz García, profesor universidade; Bruno Vilela López, técnico florestal; Antón Robledo Pérez; Rexina Vega, profesora e escritora; Xosé Estévez, profesor Universidade de Deusto; Marcos Seixo Pastor, profesor Ensino Medio; Manoel Irixoa Cousillas, xubilado; Juan Carlos Merlo, ex futbolista Deportivo A Coruña; Alberte Román, geógrafo; Francisco Rodríguez Criado, mariño mercante; Xerome Calero Prado, actor e director teatral; Xabier Paz Canalejo, biólogo; Elena Martínez Martínez, profesora Ensino Secundario; Ramón Fernández Leal, mestre de Primaria; Alberte Pagán, escritor e cineasta; David Otero Fernández, mestre e escritor; Comba Campoy, actriz e xornalista; Manuel Pardo Corral; Pedro Manuel Alonso Varela; Fabien Garrido, ferroviario xubilado e descendente do exilio republicano en Francia; Marga Lorenzo do Val, profesora e escritora; José Santos Suárez, profesor de Universidade; Magdalena Barahona Martín, profesora de Universidade; Víctor Vaqueiro Foxo, profesor de Universidade; Xosé María Álvarez Cáccamo, poeta; Miguel Anxo Fernán Vello, escritor; Miro Villar, profesor e escritor; Afonso Ribas Fraga, asesor fiscal; Manuel González Garrido, celador; Anxo Benigno López Rodríguez, bombeiro; Iñaki Solla Covelo, bibliotecario; Alexandre Fernández Villaverde, investigador;
COLECTIVOS
Redes Escarlata; Fronte Obreira Galega; Esquerda Anticapitalista de Galicia; Movemento Galego ao Socialismo; Fronte Popular Galega; Central Unitaria de Traballadores/as; Adiante
Nenhum comentário:
Postar um comentário