Cortesia de Gabriel, outro tintinólogo irredento, aí vai esta vinheta na que o Prof. Tornasol nos dá umha lecciom a todos (pero sobre todo, a esses que vam por aí arrimando-se ou deixando-se ver ao lado de milicos, reizetes e facherio vário) *
* Que Hergé pensara como pensara já é outra questom, e nom o imos desculpar nem atacar por isso. Pero aqui a quem celebramos é ao incorruptível Tornasol ("Decir que yo hago el indio!!!", disimulem a traduçom espanhola pero é a língua na que os lim). Como faremos, se toca, com esse outro fenómeno que atende ao nome de Haddock (Bachi-bozouks!!).
2 comentários:
"Que Hergé pensara como pensara já é outra questom, e nom o imos desculpar nem atacar por isso..."
¿E como pensaba Hergé?
O de identificar a Hergé con posicións políticas "de dereitas" e un vello conto baseado sobre todo nos seus primeiros tomos "Tintín en Congo" e o infame "Tintín no País dos Soviets", obras que, en palabras textuais do autor "serían moi diferentes de telas escrito anos despois" (de feito Hergé loitou para que "os soviets" non fose publicada xamáis)
Non digo tampouco que Hergé fora completamente "de esquerdas", pero a evolución de este Hergé/Tintín (aquí identificar as ideas do autor coas do heroe de ficción parece evidente) colonialista e anticomunista ata chegar ó Tintín de "Tintín no Tibet" ou "Tintín e os Pícaros" é realmente elocuente. Existe en Internet moita documentación e opinións de expertos "tintinólogos" sobre todo esto, e lembro que incluso debatiuse en Bélxica se Tintín era de esquerdas ou de dereitas, con cada partido tirando cara á súa ideoloxía. É obvio: ¿quen carallo non querría a Tintín no seu partido? XDDDDD
Saíndo un pouco do tema, lembro unha elocuente reflexión sobre por qué "os Pícaros" é a derradeira historia de Tintín (Arte Alfa ó marxe...): "se a Haddock non lle gusta o whisky e Tintín non quere viaxar... ¿que máis podía Hergé contar?
Saudos
Eu tampouco dixem que Hergé fora um nazi, pero pretender que era de esquerdas quizais seja exagerado (e como esta é umha web "roja" nom podemos senom lamenta-lo, claro que molaria que Tintin fosse um revolucionário!). Por suposto que hai umha evoluciom importante, e o malíssimo comic do País dos Sóviets deve ser considerado apenas um pecado de juventude, o contrário seria injusto. Pero tampouco moi de esquerdas nom parecia, ou polo menos as suas obras nom deixam afirmar tal cousa. Tintin é boa persoa pero isso nom o converte em esquerdista. Hai gente decente de direitas! Se quadra o Hergé era desses...
Postar um comentário