quarta-feira, 21 de novembro de 2007

Declaraçom de Princípios do PSG em 1974

Aviso a despistados: este é umha declaraçom do Partido Socialista Galego -nada a ver co PSOE, portanto- num momento no que já tinha virado decididamente cara o marxismo e o nacionalismo (encantam-me os anos '70!), despois duns começos menos definidos ideologicamente. A cabeça visível desta época era Xosé Manuel Beiras, mais conviviam no partido diferentes tendências que despois se repartiriam entre o PSOE (co nome de Colectivo Socialista), BNG (co nome tamém de Colectivo Socialista, nom sobrava a imaginaçom), e EG (coa que se fusionárom os que a mediados dos '80 aínda mantinham as siglas, dando lugar ao PSG-EG). O documento que reproduzo a seguir, tirado da página web da Fundaçom Galiza Sempre, é umha espléndida declaráçom de princípios à que pouco podo objectar... agás a pintoresca opçom normativa na que está escrito, claro exemplo dumha época onde trunfava o diferencialismo hiperenxebrista. Recomendo a sua leitura, porque ademais o texto é curto para o que acostumamos ponher aqui: le-se em 10 minutos. E, como nota final, fazer notar que os cartazes que ilustram este post nom som exactamente do ano '74, pero si da mesma época, polo que dam idea do contexto gráfico desses anos..
.
1. O PSG: POR UNHA GALICIA SOCIALISTA

O PARTIDO SOCIALISTA GALEGO é unha orgaización política que loita pola conversión de Galicia nunha sociedade socialista, é decir, pola construción dunha sociedade socialista para e polo pobo galego. Concebimos a sociedade socialista como unha sociedade sin crases, plenamente democrática, onde a propiedade real dos medios de produción sexa unha creación e máis un patrimonio populares, e onde o poder político esprese a conscente vontade dos máis e garantice a libertade de todos.

CONTINUAR LENDO...



2. GALICIA: UNHA COMUNIDADE NACIONAL SUBDESENROLADA E COLONIZADA

O P.S.G. define a sua conceición de Galicia nos seguintes puntos:

—Galicia é unha nación, ou sexa, un país dotado de persoalidade propia nos ordes territorial, antropolóxico, socioeconómico e cultural; unha comunidade definida históricamente por un territorio, unha estructura económica, un idioma e unha cultura propios e singulares.

—A sociedade galega é unha sociedade subdesenrolada, é decir, que padece atraso económico, que carece de desenvolvemento autónomo e que está supeditada aos procesos de crecemento que se operan nos centros do sistema capitalista, radicados fora do seu territorio.

—Galicia é un país sometido a relacións colonialistas nos planos económico, cultural e político. O instrumento primordial do asoballamento colonialista de Galicia, que dura xa cinco séculos, é o Estado centralista español. O colonialismo e a esplotación de crase son dous fenómenos inseparábeles no ser social de Galicia.

A nacionalidade define a persoalidade coleitiva de Galicia. O subdesenrolo define a sua estructura de crases e máis a formas de esplotación combinada da sua poboación traballadora. O colonialismo define a inserción de Galicia no Estado español, o problema do idioma galego é máis a alienación sociocultural do seu pobo, que constitue un arma prá sua meirande e máis doada esplotación. Todos estes mecanismos determinan o sometemento de Galicia ao capitalismo imperialista e máis a afinidade dos seus problemas cos do terceiro mundo.

3. AUTODETERMINACIÓN, ANTICAPITALISMO E ANTICOLONIALISMO

Como consecuencia do anterior, o P.S.G. afirma:

Autodeterminación: o pobo galego ten dereito á autodeterminación política e, xa que logo, a exercer o poder constituínte que formalice as institucións políticas acaídas para o seu autogoberno.

Anticapitalismo: compre combater o sistema capitalista, que exerce a explotación e alienación do pobo traballador de Galicia tanto dentro das formas de traballo asalariado coma mediante o seu dominio sobor das camadas sociáis labregas, mariñeiras, artesáns e demáis non encadradas direitamente en empresas capitalistas de seu.

Anticolonialismo: a loita pola construción do socialismo en Galicia é de seu unha loita anticolonialista, poisque a esplotación das crases populares galegas sírvese dos mecanismos dun colonialismo tanto máis insidioso canto que opera no interior dun Estado que dispón de tódolos medios para disfrazalo.

4. CAMIÑO CARA O SOCIALISMO
.
MARXISMO

O P.S.G. considera o marxismo como a sua fonte de inspiración teórica primordial, e máis sobor de todo como método prao análisis e interpretación crítica da realidade e guía prá aición política. Pola mesma índole do marxismo, considera tamén o P.S.G. que non se pode convirtir nun corpo dogmático nin en esquemas de aplicación mecánica, senón que debe ser repensado críticamente sin lecer.

VIA REVOLUCIONARIA

O P.S.G. propónse unha aición revolucionaria, é decir, conducente a transformar de xeito radical a estructura da sociedade galega presente, a trocar a naturaleza das relacións económicas de produción imperantes, a erradicar a esplotación de crase, a derrubar as institucións políticas antidemocráticas e a disipar a ideoloxía burguesa.

A INSUFICIENCIA DO REFORMISMO

Por conseguinte, o P.S.G. refuga os plantexamentos que centran os seus ouxetivos en reformas que manteñen incólumes as relacións de produción nas que se consuma a esplotación, reprodúcese a estructura de crases fundamental, consolídase a dominación capitalista nos seus arredores e xenérase, xa que logo, a desigoaldade social mesma que se pretende correxir. O P.S.G. considera tanto máis adecuada esta sua postura canto que Galicia é una país subdesenrolado, que o subdesenrolo é un produto do desenvolvemento capitalista e que polo tanto haberá subdesenrolo mentras haxa capitalismo na nosa Terra.

DIVERSIDADE DAS VIAS CARA O SOCIALISMO

De todos xeitos, o P.S.G. é conscente de que a marcha cara o socialismo supón un longo camiño que ainda non foi andado enteiro por ningún pobo da humanidade. Tamén é conscente de que os vieiros posíbeles son diversos e de que as esperencias ensaiadas xa son historia. A estructura económica dos diversos pobos, as formas de civilización e de cultura, a situación no centro ou na periferia do capitalismo mundial son todos eles, é máis outros faitores que condicionan a estratexia máis idónea prá construción do socialismo en cada caso. Mesmamente por eso o P.S.G. postula unha estratexia socialista autónoma pra Galicia, que ben pode ter que diferir da comenente pra outros pobos peninsuares onde o capitalismo vai xa máis desenrolado e onde as combiacións de modos de produción e formas de civilización e de cultura son diferentes.

SOCIALISMO E LIBERTADE

P.S.G pornúnciase pola construción do socialismo en libertade. É conscente de que a libertade está condicionada pola naturaleza das relacións sociáis e de que nas sociedades crasistas a libertade esclusiva dos menos está baseada ná escravitude dos máis. Nese senso estima que o establecemento das libertades formáis non siñifica de ningún xeito a consecución da libertade real dos indivíduos na sociedade. Mais asimesmo estima que se deben escluir da estratexia socialista as formas totalitarias e despóticas de poder e de Estado que convirtan en mera aparencia formal a socialización dos medios de produción, rexeneren novas modalidades de estrutura crasista na sociedade, afasten ao pobo traballador do control da xestión económica, e tollan a libertade de criación humá. Por eso a loita polo socialismo é unha loita coitán pola libertade.

SOCIALISMO E DEMOCRACIA

No plano das institucións da vida política a tódolos nivés, a loita polo socialismo en libertade é a loita pola democracia, entendida como auténtico exercicio do poder polo pobo. Non hai outra democracia verdadeira que a democracia socialista, porque mentras haxa crases sociáis antagónicas non estará garantizado o exercicio real do poder polo pobo. No proceso revolucionario encamiñado a ese ouxetivo, calquer paso que conduza a un control oligárquico do poder desviará dese camiño e traicionará, ao cabo, os valores esenciáis do ideario socialista.
.
A VIOLENCIA REAICIONARIA

De todos xeitos o P.S.G. considera que o principal enemigo real e aitual do socialismo en libertade é a violencia reaicionaria, vixente en tódalas formas históricas de sociedade deica o presente e dende que eisisten esplotadores e esplotados. Esa violencia reaicionaria é un feito que o socialismo non pode iñorar, senón que por forza ten que encarar e resolver asegún as circunstancias da loita política.

5. SOCIALISMO GALEGO COMO CORRENTE DE MASAS

Pra encetáremos o camiño cara unha Galicia socialista o P.S.G. pretende ampliar ao máisimo a dimensión do socialismo como corrente de masas, abranguendo na causa do pobo traballador de Galicia tódalas categorías sociáis aliadas da crase traballadora que ha estar na avangarda revolucionaria. Eses aliados sono porque os seus interéses confluen ouxetivamente cos das crases máis esplotadas, e porque están ouxetivamente en contradición cos intereses das oligarquías burguesas.

6. A LOITA SINDICAL

A loita reivindicativa dos traballadores encerra unha dinámica avencelladora, poisque plantexa no plano do concreto reivindicacións de intereses de crase que son, por definición, comúns a tódolos seus membros. Con todo, se ademitimos que a condición traballadora e máis as formas específicas de esplotación varían dunhas a outras sociedades, o subdesenrolo galego suscita problemas peculiares que, en boa lóxica, hanse reflexar sobor do plano da aición sindical, e repercutiren na sua estructura orgaizativa e na elaboración da súa estratexia. Por outra banda, o propio proxeito de construción do socialismo obriga ao P.S.G. a contemplar tamén a loita sindical nesa perspeitiva, sin perxuicio da unidade de aición na loita reivindicativa. Cousa diferente é a non interferencia entre partido e sindicato, que o P.S.G. decididamente postula.

7. LABREGOS E MARIÑEIROS

É peculiar a maneira en que resultan esplotados os mal chamados traballadores autónomos, que son na sua maioría labregos e mariñeiros e constituen ao propio tempo a maior parte do pobo traballador de Galicia. Eles padecen máis que ningunha outra camada popular galega o sacrificio brutal da emigración. Eles producen un ascendente económico sorbido polo capitalismo dominante a traveso dos circuitos de comercialización, sistemas de precios, cárregas tributarias e demáis mecanismos de succión que consuman unha esplotación combinada e reduplicada e redúcenos aos máis baixo nivés de subsistencia rexistrados na sociedade galega. Eles ven espoliadas as suas terras e contaminadas as suas rías pola industria capitalista. Eles aturan os grados máis elevados de inseguridade social, as formas máis agudas de imperialismo cultural. Eles son a maior parte dos marxinados en Galicia. Precisan dunha estratexia específicamente concebida praos seus problemas e reclaman a participación fundamental que lles corresponde, solidariamente co resto do pobo traballador galego, na construción dunha nova sociedade.

8. IDIOMA E CULTURA GALEGOS

O idioma de Galicia é o idioma galego. A cultura galega é a cultura do pobo traballador de Galicia, que é fundamentalmente un pobo galegofalante. Nela inspiráronse e inspíranse os artistas, literatos, pensadores e centíficos que foron e son fieles ao país no seu labor de creación e que non se alienaron culturalmente. Idioma, cultura popular e cultura erudita de raíz e máis espresión galegas constituen o patrimonio coleitivo que compre defender e fomentar con ausoluta prioridade, por ser a forma xenuina de espresión coleitiva do pobo galego e máis a sua contribución singular á cultura universal. Compre, xa que logo, loitar contra as formas e os mecanismos de alienación cultural, como atrancos que son á libre realización coleitiva nunha das suas manifestacións máis profundas. A loita pola reivindicación do idioma, pola eliminación do seu caréiter de estigma de crase, e como consecuencia, cando menos, pola sua imediata cooficialidade co idioma castelán constituen un ouxetivo irrenunciábel na estratexia política do P.S.G. como tal movemento socialista.

9. COS POBOS ESPLOTADOS DO MUNDO

O P.S.G. declara a sua solidaridade con tódalas crases esplotadas e tódolos pobos colonizados do mundo, e proclama a sua vocación internacionalista, que de ningún xeito está en contradición coa sua profesión de nacionalismo galego. Que Galicia non dispoña hoxe dunha superestructura política propia siñifica que a burguesía non se fixo dona dun Estado feudal galego preesistente, non chegou a crear un Estado burgués galego ao servicio dos seus intereses de crase. Mais non siñifica que ás crases traballadoras galegas non lles interese chegar a dispor dun aparello estatal propio, sin perxuicio das fórmulas federativas nas que lles conveña integrarse. Mesmamente a loita pola liberación nacional nun proceso de construción do socialismo constitue a forma de se realizaren políticamente os traballadores galegos e máis tamén a sua máis imediata e singular contribución á causa do internacionalismo proletario, xa que é unha loita antiimperialista e anticolonialista.

10. SOLIDARIDADE COS POBOS IBÉRICOS

En congruencia co anterior, o P.S.G. proclama a sua solidaridade cos demáis pobos da Península Ibérica, cos que está xunguido nuns casos por comunidade de historia e de cultura, noutros polo feito común de estáremos sometidos, dende hai séculos a deica hoxe, a un Estado unitario centralista, e, na maior parte das suas fases históricas, despótico e antidemocrático, que non consigueu porén esmagar e aniquilar as nosas persoalidades coleitivas diferenciadas, mais sí abafalas e toller o seu libre desenvolvemento. Singularmente proclama o P.S.G. a súa solidaridade cos demáis partidos e movementos socialistas deses pobos peninsuares e coas crases traballadoras cuios intereses teiman en defender. Con eles proponse a P.S.G. proseguir no imediato a loita común pola caída do vixente réxime feixista.

11. FEDERALISMO E ESTADO
Sin perxuicio do previo requisito da autodeterminación do pobo galego e demáis pobos peninsuares, o P.S.G. postula unha fórmula federativa pra o artellamento do futuro Estado da Península Ibérica. O P.S.G. afirma que dita fórmula, pola sua mesma índole, débese considerar aberta asimesmo ás rexións diferenciadas que, sin reuniren as caraiterísticas de comunidades nacionáis, precisen realizárense en toda a plenitude da sua personalidade peculiar e disporen das institucións políticas acaídas pra o axeitado plantexamento e solución dos seus problemas específicos. E así, nesta óutica da igoaldade e fraternidade solidarias, cómo o P.S.G. entende enfocar e levar adiante as realcións coas crases traballadoras peninsuares. E mesmamente nesa aititude na que o P.S.G. entende que resulta definitivamente lexitimada, cara as relacións cos pobos peninsuares, a sua reivindicación nacionalista galega prá construción do socialismo.

12. DEMOCRACIA INTERNA DO P.S.G.

O P.S.G. sométese el mesmo na sua orgaización interna aos principios democráticos que tenciona instaurar na sociedade. Recoñece a libertade da crítica, decote arrequecedora, no interior do partido, sin perxuicio da coerencia na aición e da discipliña no acatamento das decisións emanadas dos seus órgaos.

GALICIA, 1974

4 comentários:

Sr_O2 disse...

no se a que viene ese comentario de "linguaxe normativo", porque la verdad ha sido de los post que mejor he entendido xD

P.D. ni cinco minutos me ha durado.... y esta vez si he podido enterarme de algo!! (siguen sin concretar ideas.....)

P.D. retomando el tema de las "siguen sin ideas concretas" ¿para cuando el post de la tasa Tobin?.... es dde lo poco tangible que has nombrado (lo demas es pura especulacion y demagogia literaria) ¡¡¡QUIERO COSAS REALES!!!! (y que pueda criticar, claro ;) )

Sr_O2 disse...

Tu blog es una mierda... me ha metido mi comentario en "moderacion"...... tanta literatura anarco-nazi-pazifista y luego uno no se puede meter con el autor xD

Sr. J disse...

Antes de nada, aclarar que o de moderar os comentários é a única forma que atopei de evitar que isto se me encha de publicidade... que já houvo um listo que meteu comentários-spam! A minha idea era permitir todos os comentários, e despois quitar os que sejam spam... pero nom sei como faze-lo. Se algum usuário de blogger sabe a forma, que me avise. Mentres tanto o que se me ocorre é filtra-los (é umha mereda, já o sei, pero...). em qualquer caso, se vejo que nomk chega moito spam, volverei a permitir todos e listo.

O post sobre a taxa Tobin que pides, companheiro, leva 1 mes publicado. Trata-se do manifesto fundacional de ATTAC (secc. Galiza), associaçom cujas siglas significam "Associaçom para a Taxaçom das Transacções financeiras para a Ajuda aos Cidadãos" -ou seja, pola imposiçom da Taxa Tobin. O post em questom podes consulta-lo nesta direcçom:
http://outraesquerda.blogspot.com/2007/10/manifesto-attac-galiza.html, aínda que já che aviso que é moi básico e tampouco propom medidas demasiado concretas. E isto fago-o adrede, porque a minha intençom é ir introducindo os temas pouco a pouco: primeiro as ideas gerais, logo se irám desenvolvendo.

E em quanto ao post do PSG, sendo umha declaraçom de princípios nom vai concretar medidas como se fosse um programa eleitoral... pero aínda assi eu creo que se desprendem conclusiões moi claras sobre o que proporia ese partido acerca de temas concretos.

gabriel disse...

O primerio SPAM en outraesquerda... eso é unha señal de que o blog vaise facendo popular XDDDD... Eu non son usuario de blogger, pero para combatir o spam neste tipo de webs que permiten comentarios (blogs, foros, etc...) intenta instalar un "captcha" (código visual). Se blogger non ten a opción, seguro que podes atopar algúns (gratuitos) na web. Sorte.