Artigo de Miguel Barros publicado n'A Nosa Terra. Aínda que a nossa conceiçom do revisionismo nom é seguramente a mesma que a sua (pensamos que socializar a propiedade nom implica um absolutismo de Estado nem a anulaçom do indivíduo, como di el), parece-nos umha interessante e valente achega. Ogalhá a classe política galega dedicasse mais a miúdo os seus esforços a debater sobre Política.
.
.
Seguramente se preguntará algún lector distraído ao pasar a folla do periódico que secreto remorso me aleixa para vindicar o Revisionismo. Certo, son revisionista, liberal e moderado. Son posibilista. Dito esto, aliviado pola confesión ante un posible lector mellor instalado nas súas conviccións ca o que esto escribe, teño que afirmar categóricamente que por fortuna no oficio de pensar non existen límites e polo tanto, eu gosto de facer e refacer argumentos para ver de acomodar a miña conducta política ó que eu penso que é o meu pensamento.
Para xustificarme procuro a teorización da práctica. Para liberarme dos escrúpulos, confésome. A simulación é un pecado caro porque leva implícita a penitencia na anguria do remorso, penitencia do sufrimento que produce a incoherencia interna, a mágoa que provoca a tensión do finximento.
A expresión pública do pensamento é a forma máis livián e gratificante de exercer a libertade, pero condicionado pola moral represora, víctima do exercicio permanente da autocensura política, hoxe fuxiume do peito a palabra confesión e, como as palabras non son inocentes, a primeira turrou da segunda, non menos arrepiante: revisionismo. Racionalista e liberal arrenego de escrúpulos e sentimentos de culpa: voume confesar!
O que me empurra a vindicar o revisionismo é a convicción de ter a ineludible obriga de aplicar os principios á práctica política, a condición de non violentar nin ó individuo nin á sociedade. Non é viable someter a unha sociedade pluralista de homes e mulleres libres ó leito de Procusto dunha teoría política concreta. Non é viable porque a libertade de todos tropeza coa vontade duns poucos. As solucións políticas de realidades complexas non aceptan teorías pechadas, espidas de contradiccións internas. A acción política brinca da tiranía dos postulados ó posibilismo das circunstancias. Revisionismo, posibilismo, reformismo e oportunismo son conceptos fronterizos, pero sobor de todo son armas políticas mortíferas, empregadas con tino, case que sempre son letais. Xa que logo arriscar a opinión nesta espesura semella acto temerario, mais é preciso.
Socializar a propiedade era pensamento nobre, pero implicaba o absolutismo do Estado e a anulación do individuo e da libertade. Os custes de oportunidade política fixeron inviable o comunismo nas sociedades occidentais. A decisión de proclamar esta verdade evidente, seguida da non menos evidente verdade de que era posible mellorar a participación das rentas do traballo na asignación dos beneficios da producción, sin derrubar o sistema, foi mérito principal de Berstein.
Adaptar as teses teóricas de Marx á sociedade occidental, viciada pola libertade, ten sido incansable tarefa de revisionistas, reformistas e posibilistas políticos. Vindicamos a reforma frente á revolución porque nos repugna a violencia. Mazzini proclamara que onde hai unha Nación ten que constituirse un Estado. Así tería que ser se a política fora lóxica, senon acochara contradicións internas, se así fora, deste principio tiraríamos –predicando a libertade dos pobos tal como defendemos a libertade dos individuos- o direito de autodeterminación de cara á independencia nacional, pero a aplicación nuda de tal principio está inzada de dificultades, e case sempre implica forza ou violencia, e nós somos pacíficos liberales burgueses, por eso refugamos a aplicación mecánica do principio das nacionalidades e vindicamos o federalismo como forma revisada do nacionalismo. Esta formulación non é allea á tradición do propio nacionalismo galego e tanto Castelao coma Piñeiro apuntaban ó federalismo como punto de encontro entre nacionalistas e socialistas.
Quédanos o detalle do dereito colectivo de autodeterminación como forma expresa e concreta do recoñecimento do dereito colectivo por excelencia: o dereito de autodeterminación. Vindicamos unha lectura positiva do deste dereito como alicerce dun estado federal que solventara a terrible contradicción que nos manca na pretendida lóxica de afirmar unha realidade xurídica constitucional virada de costas á realidade política plurinacional de España. A explicación que construímos arrisca mil flancos vulnerables a tódolos ventos da argumentación teórica, pero eu non pretendía ter razón aplastando coa miña contundencia miles de razóns alleas, modestamente eu so quería confesar que son revisionista (socialdemócrata) federalista (nacionalista vergonzante), e tamén estou lixado de posibilismo (por moderado e tímido reformista). Quixera chamar a estas expansións do ánimo exercicio da libertade de expresión; pero as fondas marcas da autocensura no meu hábito de pensamento fixéronno imposible. Sede benevolentes, esta é unha confesión.

Nenhum comentário:
Postar um comentário