quarta-feira, 8 de junho de 2011

Encontro Aberto



Estando a prol dun necesario novo referente político para facer fronte ás necesidade socio-económico-políticas do País, ante a situación de crise no seo do nacionalismo galego organizado e a súa contorna social co afastamento do BNG dos sectores que tradicionalmente o apoiaron, e as derivadas do seu fracaso electoral e os procesos de interlocución aberta e sen compromiso encetados, o EI quere escoitar, pulsar a opinión, debater, tomar nota, informar e informarse con todas aquelas persoas -militantes ou non do BNG e das súas correntes- cidadáns preocupados e preocupadas polo que está acontecendo. Para iso estamos a preparar un Encontro Aberto para datas próximas, arredor do día 18, que será debidamente publicitado [ATUALIZAÇOM: será finalmente este sábado, dia 18 de Junho, às 16:30 horas, no auditório da Faculdade de Jornalismo de Santiago de Compostela]. O Encontro Aberto non terá máis compromiso que falar e escoitar.

Mais info na web do Encontro Irmandinho
Para participar no encontro aberto, inscrever-se aqui

Um comentário:

AFP disse...

Vemo-nos lá irmao. Umha aperta