Qual é a visom histórica do anarquismo sobre a qüestom nacional? Publicaremos em breve um post ao respeito, pero polo de agora imos abrir boca com o que di Castelao no Sempre em Galiza.
Os anarquistas galegos tamén poden aceptar a proposta maximalista de Galiza, sen detrimento das ideias que profesan. Ante os problemas de liberdade os anarquistas non poden manterse dubidosos. Saben moi ben que non hai homes libres en pobos que non gozan de liberdade, i están autorizados, pola súa propria conciencia, a recoñeceren a personalidade nacional de Galiza e o dereito que lle asiste para vivir libremente confederada cos demais pobos da Iberia ou do mundo. Non esquezamos que o federalismo é, para os libertarios, a única fórmula de unión entre os homes, as institucións e os pobos.
Non hai nada máis contrario á ideoloxía anarquista que unha unidade estatal que desvalorice a misión dos homes, das institucións e dos pobos. Por outra parte, as variedades étnicas, sociaes e políticas caben dentro da unidade económica, e non hai máis solución que o federalismo para chegar á paz do mundo.
Pode dicirse que Pi i Margall é un clásico do anarquismo hespañol, e, polo tanto, a nosa doutrina federalista non pode ser refugada polos libertarios galegos. Toda federación é a resultante dun pacto, que non pode celebrarse cando as partes non teñen personalidade e liberdade para pactaren. Esto quer decir que os anarquistas recoñecen, de antemán, o dereito natural dos pobos a gobernárense autonomicamente, pois neste dereito reside a forteza e seguridade do pacto federativo ou confederativo. E a meirande coincidencia de Proudhon e Pi i Margall estriba en que os contraíntes do pacto federativo non soio deben obrigarse senón que deben reservar para si máis dereitos, máis autoridade e máis liberdade da que ceden, pois coa división da soberanía evítanse as extralimitacións do poder estatal.
Velaí como tamén podemos concordar cos anarquistas e sindicalistas galegos.

Um comentário:
PLEASE
CAN YOU ENTER IN MY BLOG IN ORDER TO TAKE THE FLAG OF YOUR COUNTRY AND IT IS WRITTEN IN MY MAP OF VISITORS?
THANK YOU
lefobserver.blogspot.com
Postar um comentário