Mostrando postagens com marcador Deportes. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Deportes. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 27 de agosto de 2012

Ciclismo si, mas nom assi




Seguindo com o tema ciclista, eis um texto redigido por um companheiro de Anova com ocasiom do passo da Vuelta por estes lares...

A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza, gobernadas polo PP, veñen de caer una vez máis no descaro a conto do uso que fan dos nosos cartos: mentres pregoan a voz en grito que non hai cartos nas arcas públicas para custear servizos básicos e imprescindíbeis como a sanidade, o ensino e as axudas sociais a desempregados, a Deputación de Pontevedra adícase a pagar con cartos públicos a unha empresa privada (Unipublic) para que traia a “Vuelta España” ao país sen que lle trema o pulso ao despilfarrar unha grande masa de diñeiro –algúns medios falan de 150.000 euros- que podería empregarse en auxiliar a traballadores e traballadoras sen ningún ingreso.

Nin Xunta nin Deputación poden escusarse nun suposto apoio ao ciclismo para xustificar estes gastos pois unha das primeiras medidas que Feijóo tomou en materia deportiva foi eliminar o equipo ciclista “Xacobeo Galicia” que pretendía ser unha plataforma de promoción dos ciclistas  galegos como fai o Euskaltel Euskadi cos ciclistas vascos aos que leva polas grandes carreiras onde logran abundantes éxitos.  Da man do “Xacobeo Galicia” moitos ciclistas galegos puideron estar presentes en competicións internacionais como o Tour de Francia ou o Giro d´Italia e o ciclismo comezou a ter certa relevancia social en Galiza aumentando así o número de seguidores deste deporte. O motivo polo que se pechou este equipo segundo a Xunta foi a súa tan cacarexada austeridade, mais cómpre salientar que  as 5 etapas da “Vuelta España” no país teñen un custo moi superior ao que tiña o mantemento do equipo galego. Unha aposta real pola difusión do ciclismo en Galiza pasa polo apoio diario aos usuarios das bicicletas nas vilas e cidades nas que deberan crearse espazos como os carrís bici para que estas persoas poidan moverse con tranquilidade sen arriscarse a seren atropelados por automóbiles. Unha aposta eficaz polo ciclismo pasa porque a Xunta fomente unha Volta Ciclista a Galiza na que os equipos de base galegos poidan ter unha oportunidade para promocionarse e conseguir así un maior número de socios interesados na práctica deste deporte. Unha aposta clara por parte dos concellos polo ciclismo pasaría tamén pola creación de carreiras populares e profesionais nas vilas e cidades durante as súas festas, para popularizar así este deporte. Iniciativas todas elas moito máis efectivas e menos custosas que a “Vuelta”. 

Cabe salientar tamén o especial empeño que pon a Deputación en colaborar en eventos deportivos nos que só se dá a presenza de deportistas masculinos (“Vuelta España”, partido da selección española masculina de fútbol en Pontevedra, etc. ) deixando de lado así ás mulleres deportistas que polo feito de seren mulleres sofren a indiferenza dos medios e por elo da poboación en xeral.

As bicicletas non son só para o verán: teñen que estar día a día entre nós, deixemos de lado os medios de transporte contaminantes e pasemos a pedalear por un futuro limpo, verde e natural nas nosas vilas e cidades!

quarta-feira, 15 de agosto de 2012

As origens revolucionárias do ciclismo




(vídeo: "My White Bicycle", Tomorrow, 1967)

Num espléndido artigo publicado em El Pais, Carlos Arribas repassava histórias do ciclismo nos seus começos, hai mais de cem anos. Histórias curiosas, que dumha ou outra forma relacionam a bici (que daquela era, antes que um deporte, um simples meio de transporte para as classes populares) com atividades subversivas. Anedotas como a proibiçom de ir em bicicleta para dificultar assi o reparto de propaganda revolucionária, ou a proibiçom de circular em pelotom no Reino Unido para nom perturbar aos aristocratas nos seus passeios pola campinha. A seguir, o texto original:

***


Cuentan las crónicas de la historia de Italia que para sofocar las revueltas de finales del siglo XIX en las grandes ciudades, una de las primeras medidas de los generales fue prohibir a los ciudadanos montar en bicicleta, considerada un arma de la revolución por la libertad que daba a quienes las usaban para ir de un lugar a otro repartiendo propaganda, propagando soflamas. Esta consideración de la bicicleta como vehículo de la libertad, aunque sin tanto componente revolucionario, se reprodujo en todos los países de la Europa industrializada del cambio de siglo. En el Reino Unido, el país que más bicicletas fabricaba, fue, curiosamente la persecución de los ciclistas lo que condujo a la invención de las carreras contrarreloj en 1895 por un tal Frederik Thomas Bidlake, un personaje al que Brad Wiggins debería rendir homenaje. 

Fue la propia federación británica de ciclismo, la NCU, la que, temiendo que la monarquía prohibiera cualquier forma de práctica deportiva ciclista, impidió que en el Reino Unido se disputaran competiciones en pelotón. Mientras en Francia y en Bélgica las clases populares conquistaban los caminos y las pocas carreteras y daban nacimiento a pruebas legendarias que aún se celebran, como la París-Roubaix y la Lieja-Bastogne-Lieja, en el Reino Unido el campo y los caminos y carreteras que comunicaban los pueblos y mansiones tenían dueño, nobles y terratenientes que veían espantados cómo sus domingos tranquilos de misa y paseo entre setos y alamedas se veían alterados por hordas de obreros que descendían de Londres y otras ciudades industriales para disputar gloriosas orgías llamadas carreras ciclistas.

La policía, al servicio del poder, intervino varias veces para dispersar e impedir las carreras hasta que se dictó la prohibición. En octubre de 1895, un grupo de irredentos se organizó alrededor de Bidlake y fundaron el Road Time Trial Council, que funcionó como una sociedad secreta hasta bien entrados los años 50 del pasado siglo y que se dedicó a organizar carreras clandestinas contrarreloj. Sus afiliados se citaban al alba en carretera con poco tráfico y, vestidos de negro de la cabeza a los pies para no llamar la atención, disputaban carreras tomando la salida individualmente con un minuto de intervalo en tramos fijados y en los que contaban con cronometradores apostados. Partían sin número en el jersey y al llegar al punto de control gritaban el suyo para que tomaran nota. Las únicas carreras en grupo que se permitían se disputaban en aeródromos o en circuitos automovilísticos cerrados al tráfico, como el de Donington Park.

Así, en los Juegos de 1908, los primeros celebrados en Londres, la competición ciclista se celebró íntegramente en el velódromo trazado al borde las gradas del estadio de White City, por fuera de la pista de atletismo, tan largo (dos vueltas y media hacían una milla) que hasta fue posible disputar allí la prueba de 100 kilómetros. La final la corrió un pelotón de 17 y se impuso el británico CH Bratlett en 2h 43m 15s. Tercero fue Octave Lapize, el francés que dos años más tarde, en 1910, ganaría el Tour. En los Juegos de 1948 sí que hubo carrera de fondo en carretera disputada sobre 200 kilómetros, gracias al real permiso de su majestad, en el parque del castillo de Windsor en un circuito de unos 12 kilómetros. No hubo disturbios y ganó el francés Beyaert.

Mientras Wiggins, el olímpico británico con más medallas, entre pista y carretera, y todos los pistards y cronomen británicos pueden dar las gracias al miedo al carácter revolucionario del pelotón como raíces de las que se nutrió su talento, también sus antecesores pueden condenarlo como culpables del poco peso británico en las grandes carreras ciclistas. Mientras Francia, Italia, España creaban grandes pruebas por etapas, en el Reino Unido los corredores se veían confinados en los velódromos, como el histórico de Herne Hill que se construyó en el siglo XIX y aún funciona —allí dio sus primeras pedaladas Wiggins— después de acoger los Juegos del 48. Tuvo que ser el espíritu aventurero de Robinson en los años 50, el primer británico que ganó una etapa en el Tour, y de Simpson en los 60, el que prendiera la chispa que generó 50 años más tarde el incendio británico del Tour de 2012.

sábado, 16 de agosto de 2008

Jogos Olímpicos e Black Power: Mexico '68

.

Agora que estamos em plena farsa olímpica, cómpre lembrar um dos escasos momentos de genuína decência (individual, por suposto, nom colectiva: Tommie Smith e John Carlos fôrom expulsados da vila olímpica e da equipa gringa, por nom amosar o respeito devido aos símbolos) que tivérom lugar na história dos JJ.OO. E vam alá já 40 anos...
.

quarta-feira, 21 de maio de 2008

St Pauli, o futbol arroutado

.


Hamburgo é a cidade portuária por excelência, e é o bárrio de Sankt Pauli o que lhe dá esse carácter. É ali onde está a famosa Reeperbahn, a rua que buscam os marinheiros que recalam na cidade em busca de diversiom, chame-se alcool, prostitutas ou vida nocturna em geral. É ali onde tocaram os Beatles antes de ser famosos, aprendendo o ofício de entertainer nos seus bares. É ali onde se celebra o mercado do peixe, cada domingo de madrugada, um espectáculo digno de ver. É ali, nesse bárrio de punkis, trabalhadores, inmigrantes, prostitutas e bohémios, onde tem a sua sede o FC St. Pauli, a "única" equipa de Hamburgo (a que conhecemos como "Hamburgo", ali chamada HSV polas suas siglas, joga nas aforas da cidade; só o St. Pauli tem o estádio no centro). E a sua identificaçom com o entorno nom pode ser mais singular.
.
.
Nom me vou deter a explicar a história antiga do St. Pauli. Interessa-me mais bem o que significa hoje em dia: a alternativa roxa, ácrata, solidária e borrachuza ao fútbol mundial. Si senhores, a sua nom é umha simple oposiçom ao "grande" de turno (neste caso o HSV), senom umha emenda à totalidade do estado das cousas, umha forma diferente -melhor e moito mais divertida- de entender este deporte (ou quase qualquer outro, já que o clube tem umha dúzia de secções. O espírito do que falamos começou nos anos oitenta, tras mudar o estádio à sua localizaçom actual perto da Reeperbahn. Isto aumentou a sua afeiçom, que se significava pola festa que montava, assi como polo seu carácter antifascista, algo raro entre os ultras de aquela época.
.

De feito, o St. Pauli foi um clube pioneiro ao prohibir, já daquela, a exhibiçom de simbologia direitosa no estádio. É daquela quando se adoptou como símbolo extraoficial a calavera com os ósos cruzados. Surgiu entom o culto ("Kult") moderno a esta equipa -que conta com a simpatia de milhões de seguidores em toda Alemanha-, e de ali em adiante, todo foi a mais. Mália jogar quase sempre em 2ª ou 3ª divisom (som pouquíssimas as vezes que jogou a Bundesliga), o estádio ateiga-se sempre. Dá igual que os outros campos da categoria tenham umha afluência de 2.000 ou 3.000 espectadores; o Millerntor Stadium adoita encher os seus 15.000 asentos. E nom será polos éxitos, já que os seus logros mais lembrados som: umha (a única) vitória sobre o Hamburgo... em 1977(!); a vitória em 2002 sobre o entom campiom de Europa, o Bayern -com as conseguintes vendas de camisetas com a lenda "Weltpokalsiegerbesieger" ("vencedores do vencedor da copa do mundo")-; e a clasificaçom para as semifinais da copa no 2006.
.





.
Quase o melhor para fazer-se umha idea da peculiar idiosincrásia desta equipa é citar alguns dados sem ordem aparente:

- Cada partido no seu campo abre-se com a cançom "Hell's Bells" de AC/DC, como se pode ver no vídeo (e despois de cada gol disque ponhem "Song 2" de Blur).
.




- Tenhem um presidente declaradamente homosexual.


- Em 2006 o clube organizou a FIFI Wild Cup, um mundial alternativo entre seleições nom reconhecidas pola FIFA. Participaram Tibet, Groenlándia, Zanzíbar, Gibraltar, a república turca do norte de Chipre (que se proclamariam campiões), e o própio St. Pauli, que competiu baixo o nome de "República de St. Pauli".


- Nos '90 surgiu umha rivalidade com o Hansa Rostock, devido à presença de neonazis entre os seguidores desta equipa. Quando o Hansa tomou medidas contra os seguidores, aos que acabou prohibindo, a rivalidade esmoreceu. A rivalidade com o HSV Hamburgo por suposto continua, nom exenta de significado ideológico: os ultras do HSV adoitam corear consignas fascistas contra eles (segundo a Wiki, mesmo "Eine U-Bahn bauen wir / von St. Pauli bis nach Auschwitz", ou "faremos um metro / entre St Pauli e Auschwitz").








- No ano 2002 quase entram em bancarrota. Fixérom camisetas para recaudar fondos, e vendérom 140.000 em 6 semanas. Nesse mesmo ano, o clube retirou do estádio a publicidade da revista Maxim, tras as críticas dos fans polo contido sexista da mesma (o que tem mais mérito se nom andas bem de cartos...)

- No 2005 levárom a cabo a campanha benéfica "Viva con agua de St. Pauli", com o fim de recaudar cartos para dispensadores de auga nas escolas de Cuba.

- As afeições do St. Pauli e do Celtic de Glasgow estám irmandadas, despraçando-se os siareiros do St. Pauli aos partidos continentais do Celtic. Veja-se está cançom (o "Irish rover" com a letra cambiada, basicamente).





- Segundo reporta Pablo na sua recolhida de informaçom da classe trabalhadora hamburguesa, "St Pauli? Esses anarquistas! Nom som persoas! Se vas ao seu estádio mexam por ti!".

P.S. Acabo de voltar do bar -aqui em Groningen-, de ver a final da Champions, e ali um tipo dirigiu-se a mim, sinalou a minha camiseta sanktpaulina, e ergueu o pulgar dizindo "St. Pauli!". Algo parecido me passara cum segureta em Gatwick, daquela ia com umha camiseta do Celtic... eis outra vez a ligaçom ;-) Por cousinhas como estas é polo que vale a pena que exista o futebol.

.